adicionar à lista de desejos
Operacións Administrativas De Compravenda
idioma: espanhol, galego
Editor:
Ediciones Paraninfo, S.A, maio de 2016 ‧
ver detalhes do produto
31,66€
10% DESCONTO
CARTÃO
Y1Vsb1l5dFVhM2xJWTJGSFQzbG1XR2xzV0hKRlFtc3dNMFYwVlhOWFp6ZHVWbkpHUWtwWVZuYzNVVVp0T0ZkS2NUQndVblpJYUVKdmJXMDVhVmhrTW5kblJTdHhjMVpYVnpJd1JrTmpOU3RvWjJaTmNGbHFlbUpHY0RKV1ZHOHhOa2g0YlZCU2FDdHlObVJxY0VWV2NHczRSRkJSYmpBMlRWVmhhVzlCTTNrcmVGcFVSR051UkZWNFJUaGxMMGR5Wmtvd1FpdEpaMlJJVW5WQ1pTOTFhMVZTY1ZGdk1XaG9kRkJ0VVZaTWNEZE5kRVpoVDNoT2VFUllkbEZPUzFNemQyMXhOMkZ0Y25WNldrMHhOVGRSWTJjMVRsVnVkV3BuUjFGTllrOWtaMU5xT1hOUVVsVnFkMUIwTHpKUlRuUmpRV001Y0ZKUE4xZHNiVmxUVkVSaVJDdFJPR0pWTjB4M00zcEdiWEV2YmtzMFR5OXhRa3BqTW5JdmFFaDFXRFZ3TjBwQk5TOXRlV05GWlRscVNsSXJUSElyTVZGblJtVnVXbU5SYkdSclppOW5jak5HWTBzemQwRjFRWGczWVZGeFRqZHdVak5ET0hGck5HRnZaV05wZWpSU1luTkhUVFJ1VkZsS01qY3ZZVU5RWVZSVVRteGpTbnBqZFdsWk5pdDFMME5GTDNSdE5HdHdXVTlvVTNZNVUwTnNla0V5YjNSSFQySTJiMnRaVkZwbFUwNUdLMHN2VjI1TFJWVm9kRFl5YkZRMlYwbFBXbEpDVVdWSFNqRlhVVEpRT0ZSSVFqVklZbTFuYml0aFkyWjFlazU0Tkd4UFlrTXZOM0ZEZVZwVVJ6aFdTbVJNZG1KU1FtMWphVmRRVUhSQlZITkhLemxaV0dnMWNqWmtSSE40ZFhKcFVXRnVkRzVNZFdoWGFXbE9XbVJKVjJVNGJGRTJjVVY0ZDJkU1pERXlWM0ZqY3pkQ2RWVTFhVVFyZEUxUlJHVTBVbkE1ZGxadVYyZDFNRXQyYjFwclJqaHRNbVpHY21ZcmNXa3ZSbE15UlU1aGVsSndVVU5PUjJ4V1FtWktjVUpFWm1WdlUwZDNLM0prZW1GMlFXVTRXWFJoWkhwT2RsTktWRkFyZGk4eFNVNVZMeXR0Y1daSkwzaG5iWEZpTm5kTlpHNVhVMjlsVFdKaFMyMXhSSEpCWm1sS01HWnRSVXhxVERBeFNqZFZhRzFKTUdoQlNVTldaV2RSYjNwbE9VWTROblpFTlhwR1VYbE1VMFUzZW1oR1MweEJjVmxJWTJKYWFuRldXVEJ0TTNGRGNtUnNlbnBoTlN0WlNtRklPSEpJUmxadVRXOXhhWE5LY2xaMDpaN1hkWnZZSFRkVnJqTVNHc2F5WWh3PT0=
portes grátis
SINOPSE
Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Operacións Administrativas de Compravenda, do Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro.;Operacións administrativas de compravenda aborda a actividade dunha empresa comercial. Comeza presentándolle ao alumnado a empresa segundo diferentes enfoques, como a forma xurídica ou o contorno onde se desenvolve a actividade empresarial, e continúa identificando a documentación que xera a actividade de compravenda e as obrigas do comprador e vendedor. Tamén analiza os custos derivados da xestión comercial, a tributación das operacións mercantís e o cumprimento das obrigas periódicas de presentar as declaracións da empresa na Axencia Tributaria.;Deseguido, identifica os métodos de control de existencias, os tipos de stocks e a xestión de inventarios. Analiza os medios de cobramento e pagamento habituais na empresa, e os documentos xustificativos dos mesmos. Recoñece tamén a importancia da calidade do proceso administrativo e finaliza co desenvolvemento da xestión integrada de compravenda mediante unha aplicación informática.;Cada unidade inclúe, ademais da explicación teórica necesaria, numerosas;actividades propostas, resoltas, exemplos, táboas, figuras e cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades finais de comprobación, de aplicación e de ampliación. Así mesmo, achéganse numerosos documentos mercantís e outros documentos oficiais como contratos ou impresos de liquidacións fiscais, co asesoramento dos regulamentos e leis que rexen as actuacións empresariais, que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia.;En definitiva, Operacións administrativas de compravenda contribúe a que se;adquiran de forma progresiva e continua as competencias necesarias para que o futuro técnico poida desenvolverse con éxito no mundo laboral, aplicando os protocolos establecidos pola empresa.;A autora, Perito Mercantil, cursou estudos nas escolas superiores de Comercio de Vigo e Cádiz. È profesora titular do Departamento de Administrativo no IES Escolas Proval de Nigrán e conta con máis de 20 anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos da familia de Administración e Xestión.
DETALHES
| Propriedade | Descrição |
|---|---|
| ISBN: | 9788428338073 |
| Editor: | Ediciones Paraninfo, S.A |
| Data de Lançamento: | maio de 2016 |
| Idioma: | Espanhol, Galego |
| Encadernação: | Capa mole |
| Páginas: | 282 |
| Tipo de produto: | Livro |
| Classificação Temática: |
Livros em Espanhol
>
Gestão
|
| EAN: | 9788428338073 |