10% de desconto

O Derradeiro Gimlet

de Diego Ameixeiras
idioma: galego
Editor: Edicións Xerais, setembro de 2026 ‧
18,86€
16,97€
10% DESCONTO IMEDIATO
portes grátis
Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde. Bebe demasiado, leva mal unha ruptura de parella e na Comisaría aínda se comenta o incidente violento que mantivo co inspector xefe. O seu destino é unha aldea costeira na que un compañeiro da Brigada lle deixa unha casa onde se aloxará nas seguintes semanas, mentres o inverno insiste en recruar con intensidade. Todo vai ben durante os primeiros días. Amador esfórzase por manter unha rutina ordenada, goza da soidade correndo pola praia e revisa os erros cometidos no pasado. Pensa que axiña regresará á cidade convertido nun policía distinto, a salvo dos seus impulsos. Pero as cousas cambian cando coñece a Lola e Ismael, dous enigmáticos habitantes da zona, que o arrastrarán a tomar unha decisión insospeitada.Con homenaxes ao fatalismo de James M. Cain e ao romanticismo de Charles Williams, «O derradeiro gimlet» presenta unha historia onde se entrecuzan crime, desexo e amoralidade nun medio natural inquietante. Escrita con aromas de «noir» clásico e guiada pola mellor tradición do xénero.

O Derradeiro Gimlet

de Diego Ameixeiras

Propriedade Descrição
ISBN: 9788411108614
Editor: Edicións Xerais
Data de Lançamento: setembro de 2026
Idioma: Galego
Dimensões: 155 x 230 x 23 mm
Encadernação: Capa mole
Páginas: 172
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Literatura > Romance
EAN: 9788411108614