10% de desconto

Oficio Nocturno

de Diego Ameixeiras
idioma: galego
Editor: Edicións Xerais, outubro de 2026 ‧
19,31€
17,38€
10% DESCONTO IMEDIATO
portes grátis
Cibrao traballaba de porteiro nunha discoteca, pero o local pechou e agora vaga cada noite pola cidade, atrapado nunha espiral de pensamentos destrutivos. O encontro casual cunha misteriosa muller incrementará esa sensación de irrealidade.Pasan a noite xuntos, pero advirte algo estraño na súa actitude, coma se notase o alento de alguén que a está perseguindo. Quizais iso explique que unha parella de falsos policías leve días investigando o paradoiro da rapaza e que un Cibrao cada vez máis confundido se vexa arrastrado pola necesidade de entender que agochaba detrás dese comportamento.Mentres se refuxia no Harvest, bar que rexenta o seu amigo Kodran, atopa unha pista nunha mochila cargada de billetes de dubidosa procedencia. A noticia dun incendio na portada dos xornais demostrará que eses cartos son só a antesala dunha serie de acontecementos terribles.Diego Ameixeiras e Fran Bueno constrúen un universo onde a tensión non dá tregua, cheo de personaxes que cargan con feridas que non se ven pero sangran sen parar. Unha historia que mestura a intensidade do thriller coa profundidade emocional dunha crónica humana.

Oficio Nocturno

de Diego Ameixeiras

Propriedade Descrição
ISBN: 9788411108577
Editor: Edicións Xerais
Data de Lançamento: outubro de 2026
Idioma: Galego
Dimensões: 150 x 230 x 23 mm
Encadernação: Capa mole
Páginas: 96
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Banda Desenhada > Novela Gráfica
EAN: 9788411108577