20% OFF

Xosé Filgueira Valverde

by Xesus Alonso Montero
language: spanish, galician
Publisher: Edicións Xerais, April of 2015 ‧
21,91€
17,53€
20% OFF
free shipping
É esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. Versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de Xosé Filgueira Valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. De 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a Cantiga CIII de Afonso X, monografía exemplar no seu tempo dentro dos estudos de Literatura Comparada. Fóra do ámbito galego, é autor dun gran libro sobre Camões e de estudos valiosos sobre Cervantes, Góngora, Paul Claudelà Nesta Biografía intelectual non se elude a actitude, nos anos da Guerra Civil e seguintes, de quen foi dirixente do Partido Galeguista de 1931 a 1933, e de quen, xa fóra do Partido, vota SI no plebiscito de autonomía do 28 de xuño de 1936. Do que se trata é de «entender» o seu comportamento neses convulsos anos (e o doutros: Vicente Risco, Álvaro Cunqueiroà). Desde 1942 ata a súa morte, Filgueira Valverde foi, ó seu xeito, «un obreiro da Causa galega», como diagnosticara Alexandre Bóveda en 1935. A inxente, valiosísima e polifacética bibliografía de Filgueira Valverde é un dos grandes capítulos da cultura galega da Galicia moderna e contemporánea.

Xosé Filgueira Valverde

by Xesus Alonso Montero

Property Description
ISBN: 9788499148335
Publisher: Edicións Xerais
Release Date: April of 2015
Language: Spanish, Galician
Cover: Softcover
Pages: 296
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Fiction > Biographies
EAN: 9788499148335