20% OFF

Paso De Cebra E Sucesos

by Gustavo Pernas Cora
language: spanish, galician
Publisher: Edicions Laiovento, S.L., October of 2004 ‧
7,13€
5,70€
20% OFF
"...íNon os coñecerei eu que ando a fozar nas cloacas todo o día! E mentres, estes pasan o tempo cruzados de brazos no paso de cebra e mirando para a outra beira. Présa, présa, íque présa van ter, ho! Se tivesen présa non ían andando, présa teñen eses que pasan caghando hostias e aínda por enriba estes queren que os paremos. A cruzar os brazos á lista do paro, caghendiós, como fagho eu cando xa non hai máis merda que revolver, aínda que se é por merda hai para todos, íai!, pero esa non a queren os señoritos, non, esa déixannola aos subcontratados e aos mouros, todos metidos no furado, e logo quéixanse de que boten abaixo os edificios... E non van botar, que non che teñen puta idea, que nunca tal fixeran, ínon ho!, aquí non fan falta avións nin terroristas, métenos a conducir escavadoras nas cloacas e alá se foi. íAlá!, vannos invadir, ícagho nos patucos do neno Jesús!, que como non teño con quen falar, para máis ghaitas, paso todo o día entre alís e mojamés e como teño que explicarlles o choio, aínda aprenden o idioma grazas a min... Si, home si, mentres os nosos se dedican a invadir o país deles íque van facer eles!, escapan para o noso que aínda que sexa entre as ratas polo menos vívese... Non cuspas ao ceo que che cae enriba, mandan tirar un millón de bombas onde os mojamés por unha ghota de petróleo e logho véñenche toneladas del polo mar e os mojamés pola terra, con efecto bumerán que lle chaman, como a marea, que dicimos aquí, como a marea neghra..

Paso De Cebra E Sucesos

by Gustavo Pernas Cora

Property Description
ISBN: 9788484870654
Publisher: Edicions Laiovento, S.L.
Release Date: October of 2004
Language: Spanish, Galician
Cover: Softcover
Pages: 194
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Fiction > Young Adult
EAN: 9788484870654