10% OFF

Os Tres Nomes Da Sartegua

by Alberto Mancebo
language: galician
Publisher: Edicións Xerais, September of 2026 ‧
20,33€
18,30€
10% OFF
free shipping
Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un fillo da Santa, da Sartegua». Entre os ecos do que se agocha no río e nos montes de Cadullo, Elisardo e dous vellos amigos seus enfróntanse á culpa e aos segredos. Mais cando a cobiza e o medo entran na aldea, o mito da Santa deixa de ser só unha lenda para converterse nunha ameaza, e eles tres deberán decidir se encaran a verdade ou se deixan arrastrar pola corrente cara á liña que separa a realidade do mito. En «Os tres nomes da Sartegua» Alberto Mancebo constrúe un relato luminoso e tenro sobre a amizade, o desarraigamento e o poder da cultura rural e das tradicións. Unha historia profundamente humana que conmociona, interpela e permanece na memoria de quen a le.

Os Tres Nomes Da Sartegua

by Alberto Mancebo

Property Description
ISBN: 9788411108607
Publisher: Edicións Xerais
Release Date: September of 2026
Language: Galician
Dimensions: 155 x 230 x 23 mm
Cover: Softcover
Pages: 232
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Fiction > Romance
EAN: 9788411108607