20% OFF

O Neno Mariñeiro

by Bernardino Graña
language: spanish, galician
Publisher: Edicións Xerais, September of 2017 ‧
20,33€
16,26€
20% OFF
free shipping
Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas. Alí, no barrio mariñeiro do Forte, dominaban os cheiros a pesca, a roupas de auga, a redes, e había un secadoiro de polbo e peixe. O mar estaba a rentes e rosmaba como un dragón desexoso de engulir a xente, con ventos que galgaban e miañaban como grandes feras. Novela de carácter autobiográfico, no ronsel de " Fins do mundo " e " Profecía do mar " , obras esenciais na traxectoria literaria de Bernardino Graña, relata aqueles días de infancia, de fame e naufraxios nunha vila mariñeira do Morrazo, nos primeiros anos da guerra. Escrita cos fíos da memoria, retrata sen nostalxia e con humor a sociedade á intemperie da galerna e dos malos ventos de mar aberto, na que, a pesar das penalidades, a rapazada respiraba o aire salitroso con alegría. " O neno mariñeiro " é unha alfaia da literatura galega da memoria escrita por un clásico contemporáneo.

O Neno Mariñeiro

by Bernardino Graña

Property Description
ISBN: 9788491212560
Publisher: Edicións Xerais
Release Date: September of 2017
Language: Spanish, Galician
Dimensions: 150 x 230 x 23 mm
Cover: Softcover
Pages: 144
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Fiction > Romance
EAN: 9788491212560