adicionar à lista de desejos
O Corpo De Cristo
language: galician
Publisher:
ASTIBERRI EDICIONES, February of 2025 ‧
see product details
17,12€
20% OFF
Wnl0MFJWZFlTa1JyTHpsUmVFOUhNM054TWxBdldreHNObmxYUjBGeU0xVkdZbkpZYUVkRWMwWTJNWEJuZWtZd1VqY3pWRzVQZHl0eFVtRk5WVE41WlhCWFVGbHdLemd4UzIxQ01YTkhlVlJRUkd0dFluWk1jRmhvWTBsRmNFNUpkalJhVW1wNldrWlhia2hsV0ZsaU5XNUViR3MwTDBkallXNWtZM0JpTTFKdVNHaFdVRXBVVWpsTFVEZEhRMDVIWjFwdGVXNTNkVEJzTmtWSWJEWkxjSGRVVEc1bFpXTlpaRE5JUjFwaE5Ua3ljV1p1V25wbmJpdFBkMHNyUXpKT1ZsZElVVXN5Y1dOM2JDOXZRbFp0V2xvM1lsUXZTM1ZqYVZwVlMzVnBkVFl4Y2paVlkzcGxTV3A2ZUZwdk0waEtRVmxDYVdodWNXRjNSMWxRTm1KRmVHbFhaR1EwWmtGT2JuQnNibEZzU2xJcmJ6RmpjM2hFYW5SRFptRXZTSFJqYUZoc1YyWlBha3N3WjBoV2RHOVBaR0p6UWpCaVIyOTBOVFowWkdWamNHUmxiVmc1TWxOb2JHSXhMMVJ5UldWUU1VaDJiQzl1VjFwR1IwaHplVEJITTNaVVQwTTJSblpUV0V0eGVtVTNhaTgwUVRKa01HMXVNMVpGTkhKclVHdE9RakZhTWxveGFFVlhUVzB4Tld0d2IyUXdZbWh0VTFsd1pYcDBkMUp6VWk5cFRFMDNaV2RNZUc5VVpqTldjMk5ISzNoNWR6SmtkVlZ5VkdreVNVTlZObGhZV2tKbVIydDFUMmRYVEdGaVVsaGthRWg2VkM5WU16RkdlREZ2TlZBMWFERnJSR1p0ZDFsaGEyVnBUbkpuWW5SSE5YWjZUakpNUkVkeE9ITnFhWFp2WjA1S1pIWk9WRXN4TkZsRVozSnJWbXRzZW5OTU5UZFdaSFkwVmpCdlN6UjFTVWhXTmxsWU9UaFNNVzlHTjJ0dGVteExlV2cyV1dWSFN6UnhUMDlJOmJld3crSFNqUDdzUWhGNnVsbXVUR3c9PQ==
IN STOCK
-
free shipping
SYNOPSIS
Cando Vera era nena, un demo roldaba a súa casa e acosaba á súa nai, martelándolle os nervios ata prostrala na cama durante días. Entre as sesións de exorcismo coa meiga e as citas co psiquiatra, ano tras ano, a superstición esvaécese para deixar paso ao diagnóstico. Mais, malia os malos tratos, a enfermidade e as excentricidades, o amor dunha nai e a súa filla é máis forte ca calquera outra cousa, sobrevivindo ao paso do tempo e ás tormentas.Realizada durante unha residencia na Maisons des Auteurs de Angoulême (Francia), O Corpo de Cristo é a declaración de amor dunha filla á súa nai, á que ten que coidar sendo demasiado nova, pero, máis alá da tolemia, tamén é o retrato tráxico e universal dunha muller encerrada no seu papel de filla, nai e esposa nunha España patriarcal, pobre e católica.A autora resultou gañadora do Premio Nacional de Cómic 2024 que outorga o Ministerio de Cultura e Deporte. O xurado apuntou que O Corpo de Cristo é ?unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao emprego do humor e a unha mirada poética. A obra posúe unha gran profundidade e sensibilidade polo xeito de abordar un tema tan complexo coma o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así coma a reivindicación da importancia dos coidados?. Así mesmo, sinalou que é ?unha obra de gran beleza visual e profunda emoción que ofrece unha mirada sorprendente na relación nai e filla, sendo unha auténtica exploración da linguaxe que emprega recursos estéticos alternativos e mostra unha nova forma de tecer a historia reivindicando a propia memoria migrante?.Pola súa parte, o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, destacou que ?a sensibilidade e o respecto que Bea Lema dedica á saúde mental e a reivindicación dos coidados n'O Corpo de Cristo, ademais das súas asombrosas ilustracións e bordados, fan que este Premio Nacional de Cómic 2024 sexa merecidísimo?.O Premio Nacional de Cómic, que agora Astiberri publica por primeira vez en galego, únese á longa lista de premios e nominacións estranxeiras que recibiu este cómic:? Premio Nacional de Cómic de España ? Gañadora 2024? Premio Miguel Gallardo a Autora Emerxente no Salón de Cómic de Barcelona - Nominada 2024? Premio ACDCómic a Autora Revelación - Finalista 2024? Premio de Cómic dos Lectores das Bibliotecas de Burdeos - Nominada 2024? Gran Premio da Heroína Madame Figaro - Gañadora 2024? Premio Bédélys 2024 do Festival de Cómic de Montreal a mellor obra estranxeira - Gañadora 2024? Premio literario rexional de estudantes de Secundaria Agence régionale du Livre Provence-Alpes-Côtéd'Azur - Short-list 2024-2025? Premio do Público no Festival de Cómic de Angoulême 2024 ? Gañadora 2024? Fauve des Lycéens / Festival Internacional de Cómic de Angoulême 2024 ? Nominada 2024? Premio Artémisia - Nominada 2024? Premio Première vague BD / Librairie l'esprit large - Nominada 2024? Premio do Xurado / Festival BD en Périgord de Bassillac - Gañadora 2023Ás cinco edicións en castelán de O Corpo de Cristo, Astiberri suma a edición en galego. Ademais, na actualidade Bea Lema traballa na adaptación d'O Corpo de Cristo a curtametraxe de animación.
DETAILS
| Property | Description |
|---|---|
| ISBN: | 9788410332249 |
| Publisher: | ASTIBERRI EDICIONES |
| Release Date: | February of 2025 |
| Language: | Galician |
| Dimensions: | 177 x 236 x 15 mm |
| Cover: | Softcover |
| Pages: | 184 |
| Format: | Book |
| Categories: |
Books in Spanish
>
Graphic Novels & Manga
>
Graphic Novel
|
| EAN: | 9788410332249 |
-
Harry Potter 27720%PANINI INFANTIL3,91€
4,89€ -
Rainbow High 8720%PANINI INFANTIL3,91€
4,89€