10% OFF
language: galician
Publisher: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, October of 2024 ‧
10,20€
9,18€
10% OFF
A programación é fundamental para o desenvolvemento de aplicacións cun impacto elevado en diferentes sectores, como a saúde, a educación ou as finanzas. Na actualidade, a demanda de profesionais con competencias no desenvolvemento de ferramentas software ten experimentado un aumento significativo.Deste xeito, a programación convértese nunha habilidade esencial para o estudantado de diversas Enxeñarías, como pode ser a Enxeñaría Informática, que estará capacitado para a creación de software e solucións tecnolóxicas para problemas de diferente natureza. Ademais, se fomenta tamén o pensamento crítico, a creatividade e a capacidade de innovación.Unha das linguaxes máis amplamente empregadas para a aprendizaxe de programación é C++, linguaxe de propósito xeral que prepara ao estudantado para enfrontar desafíos no mundo real, e proporciona as ferramentas necesarias para o desenvolvemento de aplicacións robustas e eficientes.Neste libro preséntanse os fundamentos da programación procedimental en C++. O enfoque é eminentemente práctico, e inclúe numerosos exemplos de código explicados, así como exercicios ao remate de cada capítulo.Abórdanse con detalle diferentes contidos, dende os conceptos máis básicos, como a terminoloxía empregada en tarefas de programación ou a definición de variables e constantes, ata temas máis avanzados, como o manexo de arquivos, a xestión dinámica de memoria, ou o tratamento de cadeas de caracteres, a programación estruturada, os vectores ou as matrices.Preténdese que os contidos estudados permitan unha aprendizaxe sinxela desta linguaxe de programación, de xeito que se facilite unha posterior transición a outras linguaxes de programación, como Java o Python.

Introducion A Programacion

by Leandro Rodriguez Liñares, Pedro Cuesta Morales, Arturo Mendez Penin e Maria Jose Lado Tourino

Property Description
ISBN: 9788411880343
Publisher: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
Release Date: October of 2024
Language: Galician
Dimensions: 170 x 240 x 23 mm
Cover: Softcover
Pages: 139
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Computing > Schedule
EAN: 9788411880343