30% OFF

Historia Da Literatura Galega Ii

by Xosé Ramón Pena
language: spanish, galician
Publisher: Edicións Xerais, October of 2014 ‧
31,55€
22,09€
30% OFF
free shipping
Esta segunda entrega da Historia da Literatura Galega continúa o relato emprendido co primeiro volume, Historia da Literatura Galega I. Das orixes a 1853 (Xerais, 2013), e configura unha narración congruente e sólida que nos conduce agora pola etapa do Rexurdimento, desde os albores da renacenza literaria do idioma galego, a mediados do século XIX, deica a fundación das Irmandades da Fala en maio de 1916. Novamente da man de Xosé Ramón Pena, autor de referencia no espazo da historia da literatura, asistimos a unha fértil conversa coas diferentes ópticas investigativas sobre o período e mais os autores que o habitan. Interpretar os textos literarios como parte dun organismo vivo, unha totalidade integrada cuxas propiedades xorden das interaccións e relacións entre as partes; considerar así mesmo a literatura como un produto ideolóxico que alcanza a súa plena dimensión na concomitancia social; participar da idea dun macrotexto como converxencia vertical dunha creación respecto doutras e, asemade, tamén como proxección horizontal onde a textualidade do autor amosa a súa individualidade: tal é o eixo, o motor que alimenta o esforzo destas páxinas. Unha historia da literatura galega que vén ser elemento esencial e indiscutíbel da propia historia do país e do seu idioma, á cal fornece -e resulta fornecida- de consistencia e sentido. Desde a publicación dÆA gaita gallega á convocatoria irmandiña de Antón Villar Ponte: velaí un percorrido que fascina.

Historia Da Literatura Galega Ii

by Xosé Ramón Pena

Property Description
ISBN: 9788499147642
Publisher: Edicións Xerais
Release Date: October of 2014
Language: Spanish, Galician
Cover: Softcover
Pages: 440
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Fiction > Essays
EAN: 9788499147642

ABOUT THE AUTHOR

Xosé Ramón Pena

Betanzos, Galiza, 1956 Doutor em Filologia, é um autor reconhecido no seio das letras da Galiza e o seu labor distribui-se pela história da literatura, a narrativa e o jornalismo. Autor de vols. como Manuel Antonio e a vanguarda (1996), História da literatura medieval galego-portuguesa (2002) e Historia da literatura galega (2013-2019), obteve o Prémio da Crítica Galega (2015) e o Losada Diéguez (2017). Colunista habitual nas páginas do jornal Faro de Vigo, foi durante anos o coordenador do seu suplemento cultural. Como narrador, iniciou a sua carreira em 1984 com a publicação de O reverso do espello e em 1987 recebeu o prémio de narrativa Xerais e o prémio Losada Diéguez para a melhor obra de narrativa em idioma galego por Para despois do adeus. Seguiram-se Paixóns privadas (1991), A era de Acuario (1997), Fado de princesa (2005), Como en Alxeria (2012) e Todas as vidas (2020). Publicou em 2008 A batalla do paraíso triste, obra finalista do Prémio Nacional de Narrativa, que seria traduzido em 2017 para o castelhano e, agora, para o português.

(see more)

BY THE AUTHOR