30% OFF

Hai Alguen Mais Feroz Ca Min?

by Hugo Fernandes
language: galician
Publisher: OQO Editora, February of 2025 ‧
16,21€
11,35€
30% OFF
free shipping
Todos temían o monstro, e el mesmo estaba convencido de que non había ninguén máis feroz ca el; pero un día atopouse cun cativo que non lle tiña medo ningún. O monstro tratou de convencelo das súas tremendas e horripilantes características, pero lonxe de persuadir o rapaz, este demostroulle que nada daquilo era tan horrible e mesmo que os seus problemas tiñan solución doada. Case sen decatarse, o monstro empezou a mudar e a botar de menos o seu amigo.A percepción dun mesmo ante o mundo que nos rodea, é a base da conduta humana.Dun modo fantástico e divertido, o álbum pode axudar a valorar a importancia da auto-estima. Así mesmo vai dar pistas, a nivel inconsciente, para comprenderque unha visión negativa dun mesmo afecta na relación cos outros, na inseguridade en determinadas situacións, e en diversosámbitos na vida.Con empatía, apoio e a axuda adecuada, as dificultades poden superarse e os problemas, resolverse.E posto que os cativos descobren o mundo recibindo información polos cinco sentidos, este álbum fai un divertido percorrido por eles, xogando coas características do monstro, e as situacións familiares do neno, e contrapoñendo logo a percepción a través de sensacións e experiencias gratificantes que invitan a descubrir outro modo de sentir e relacionarse.

Hai Alguen Mais Feroz Ca Min?

by Hugo Fernandes

Property Description
ISBN: 9788498717358
Publisher: OQO Editora
Release Date: February of 2025
Language: Galician
Dimensions: 258 x 245 x 10 mm
Cover: Softcover
Pages: 48
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Children’s and Young Adult > Children's Fiction Books
EAN: 9788498717358