30% OFF

A Semente, A Árbore, A Froita

by Maria Reimondez
language: spanish, galician
Publisher: Edicións Xerais, March of 2020 ‧
20,89€
14,62€
30% OFF
free shipping
É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do "efecto Pontón". En boa medida, o efecto explícase pola chegada ao liderado do BNG dunha muller nova, con moitos anos de dedicación política ás súas costas, que levou o partido a experimentar unha importante recuperación cun discurso renovado. Este libro é o froito dunha longa conversa entre dúas mulleres, unha conversa demorada e, segundo María Reimóndez, "pode que por momentos incómoda", que nos axuda a comprender quen é Ana Pontón abordando a súa dimensión política dende unha perspectiva íntima, confesional e persoal. Reimóndez, que se achega aos partidos (confesa no limiar) con reticencia e curiosidade, percibe na figura de Ana Pontón a sororidade das mulleres galegas que buscan transformar a sociedade desde o ensino, a ecoloxía, a escrita, a arte, o mundo laboral e científico e tamén dende a política. E transmítenolo cunha ollada, naturalmente, comprometida. Tras décadas de intenso labor parlamentario e un bo coñecemento da realidade galega, Ana Pontón lidera unha organización coma o BNG. Pero quen é realmente Ana Pontón?"A semente, a árbore, a froita" non é tanto un libro de actualidade como o achegamento dunha escritora á figura dunha muller pública para atopar, a través da palabra, a súa exacta dimensión.

A Semente, A Árbore, A Froita

by Maria Reimondez

Property Description
ISBN: 9788491216902
Publisher: Edicións Xerais
Release Date: March of 2020
Language: Spanish, Galician
Dimensions: 150 x 230 x 23 mm
Cover: Softcover
Pages: 120
Format: Book
Categories: Books in Spanish > History > General History
EAN: 9788491216902