20% OFF

A Contradición Permanente

by Martiño Noriega e Daniel Salgado
language: spanish, galician
Publisher: Edicións Xerais, November of 2017 ‧
21,35€
17,08€
20% OFF
free shipping
Hai anos en que todo se acelera. Xornadas que valen por décadas anódinas. Momentos en que rompe a continuidade da historia e abre paso a novas experiencias, a contradicións antes non exploradas. Entre 2012 e 2017 a esquerda e o nacionalismo galego viviron un destes períodos excepcionais. Como tradución na instancia política da brutal crise económica, as rupturas e recomposicións marcaron o campo progresista: das escisións no BNG e a irrupción de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ás mareas municipalistas e a terceira lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Ao tempo, os novos continxentes de militantes e activistas comprobaron os límites das institucións, as propias insuficiencias ideolóxicas e a reacción do bloque dominante ao que, por veces, este percibiu como ameaza. Martiño Noriega, médico e actual alcalde de Santiago á fronte de Compostela Aberta, e mais o xornalista Daniel Salgado conversan en " A contradición permanente " sobre cinco anos de convulsións, tentativas de unidade, desencontros e avances. Trátase dunha memoria incómoda pero implicada, que procura ser útil, arredor destes tempos interesantes.

A Contradición Permanente

by Martiño Noriega e Daniel Salgado

Property Description
ISBN: 9788491212850
Publisher: Edicións Xerais
Release Date: November of 2017
Language: Spanish, Galician
Dimensions: 150 x 230 x 23 mm
Cover: Softcover
Pages: 264
Format: Book
Categories: Books in Spanish > History > General History
EAN: 9788491212850