10% de desconto

Un Can E Un Gato

de Paula Carbonell Penichet
idioma: galego
Editor: OQO Editora, abril de 2026 ‧
16,21€
14,59€
10% DESCONTO IMEDIATO
portes grátis
Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, afástanse, bótanse de menos? e achéganse de novo.Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións. Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, cambios de humor?Os cambios impostos polo desenvolvemento da personalidade, o crecemento, a socialización e a conquista de espazos de independencia son factores que desestabilizan e dan lugar a enfados ecomportamentos negativos; de aí a importancia de buscar mecanismos para controlar a situación, esquecer o mal humor e fomentar a alegría, o autocontrol e o benestar.Esta sinxela historia da relación entre un can e un gato axuda a proxectar situacións conflitivas e a comparalas, consciente ou inconscientemente, con experiencias emocionais propias. Igual que nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros fannos sentir agarimo e mudar o mal humor en optimismo.En palabras da autora, Paula Carbonell, UN CAN E UN GATO poden ser como un pai e un fillo, dous irmáns, unha parella, os avós, ti e máis eu: como un can e un gato.As ilustracións foron realizadas en colaxe, técnica habitual nos traballos de Chené Gómez. Os recortes utilizados foron previamente elaborados con lapis e ceras co fin de crear diferentes texturas ricas en cor.A elección da cor tenta transmitir os estados de ánimo dos personaxes: o gato monta en cólera vermella cando o atrapa o can; a frescura do azul convídanos a correr xogando cos dous personaxes; o campo convértese nun arco da vella cando se reconcilian os amigos; o soño de ambos faise cálido nunha contorna de amarelos etc.Chené Gómez concibiu ao gato en tons cálidos e ao can en cores frías para potenciar a pertenza a naturezas distintas. Esta diferenza acentúase na portada do libro, onde os dous protagonistas aparecen separados por un abismo, aínda que se achegan con curiosidade.Unha proposta orixinal para gozar e emocionarse a partir dos tres anos.

Un Can E Un Gato

de Paula Carbonell Penichet

Propriedade Descrição
ISBN: 9788498717938
Editor: OQO Editora
Data de Lançamento: abril de 2026
Idioma: Galego
Dimensões: 250 x 230 x 23 mm
Encadernação: Capa dura
Páginas: 36
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Infantis e Juvenis > Livros Infantis de Ficção
EAN: 9788498717938