10% de desconto

Tres Segundos De Memoria

de Diego Ameixeiras
idioma: espanhol, galego
Editor: Edicións Xerais, abril de 2007 ‧
20,33€
10% DESCONTO CARTÃO
portes grátis
Un mozo de trinta anos, parado e á espera da próxima oferta de precariedade laboral, deambula pola vida contándonos o seu día a día sen especiais proxectos de futuro e sen contas que saldar co pasado. O protagonista é unha persoa sociable e ocorrente, vítima do que el denomina o post¿fracaso, unha actitude con fortes doses de cinismo ante a vida. O fío condutor de toda a narración é a interacción dese personaxe cos seus amigos e amigas sen moitos máis obxectivos visibles que o disfrute do sexo. Escrita cun estilo, fresco, directo e cargado de humor, Tres segundos de memoria, a novela de Diego Ameixeiras, gañadora do Premio Xerais 2006, fai un retrato dun sector urbano e moi damnificado da sociedade galega actual, onde a espontaneidade abrolla por enriba do politicamente correcto. Novela habitada por personaxes mozos, fracasados, maiormente cultos e con estudos pero desenganados e intencionadamente afastados dunha cultura que só os levou a engrosar as filas do paro e a prolongar traumaticamente unha adolescencia que xa non lles correspondía. Unha novela expresiva, escrita cun estilo fresco e directo e tremendamente cargada de humor.

Tres Segundos De Memoria

de Diego Ameixeiras

Propriedade Descrição
ISBN: 9788497824873
Editor: Edicións Xerais
Data de Lançamento: abril de 2007
Idioma: Espanhol, Galego
Dimensões: 210 x 295 x 15 mm
Encadernação: Capa mole
Páginas: 216
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Literatura > Romance
EAN: 9788497824873