10% de desconto

¡Sireno, Sireno !

de An Alfaya
idioma: espanhol, galego
Editor: Edicións Xerais, junho de 2007 ‧
10,14€
10% DESCONTO CARTÃO
Partindo da imaxe da esculta de Francisco Leiro situada na Porta do Sol de Vigo a autora crea un mundo de fantasía. "íSireno, Sireno!" é o relato, en primeira persoa, dun neno que acaba de sufri-la perda do pai por mor dun accidente de tráfico e non pode comunicarse coa nai, unha vendedora de enciclopedias, porque ela non é quen de saír do seu illamento. O neno refúxiase nun mundo onírico, no que o debuxo é a única vía de escape, pero só pinta en branco e negro porque vive nun mundo gris; nesa situación. A descuberta do Sireno, unha estatua deforme que se eleva nunha praza da súa cidade, desperta emocións intensas e contradictorias no seu interior. A partir de entón, sofre unha identificación fantasiosa que o axudará a camiñar na procura das cores. En palabras de An Alfaya, a autora, "o Sireno sérvelle ó protagonista de escusa para saír da escuridade na que quedou preso trala morte do pai e descubre nela a beleza do deforme como aposta persoal". Unha fermosa historia, merecedora do Premio Merlín de 1997, que é un reflexo dun alma infantil sensible. Unha historia escrita co corazón, que a autora recomenda lela tamén co corazón, que aposta por afondar nas vivencias e nos sentimentos.

¡Sireno, Sireno !

de An Alfaya

Propriedade Descrição
ISBN: 9788497826006
Editor: Edicións Xerais
Data de Lançamento: junho de 2007
Idioma: Espanhol, Galego
Encadernação: Capa mole
Páginas: 144
Tipo de produto: Livro
Coleção: Infantil E Xuvenil -
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Infantis e Juvenis > Livros Infantis de Ficção
EAN: 9788497826006

LIVROS DA MESMA COLEÇÃO