10% de desconto

Ricardo Carvalho Calero

de Maria Pilar Garcia Negro
idioma: espanhol, galego
Editor: Edicions Laiovento, S.L., Janeiro de 2007 ‧
20,33€
10% DESCONTO CARTÃO
portes grátis
Agrándanse, co paso do tempo, a personalidade e a obra de toda unha vida de RICARDO CARVALHO CALERO (1910-1990). Non as cualificaremos como irrepetíbeis, mais si, desde logo, como irrepetidas até o presente. Varias circunstancias invulgares concorren para xustificarmos tal afirmación. Leitor precoz desde moi neno, axiña esta dedicación leitora ha de se converter en vocación escritora e, así, de moi cedo van datar as súas primeiras incursións poéticas. Bacharel aos quince anos, tenos aínda cando accede ás aulas da Facultade de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Coñecida a súa traxectoria, ao longo de nada menos que cincuenta anos, desde o inicio da década dos cuarenta até o momento mesmo do seu falecemento, tal semella que a tormenta e o tormento da guerra civil española, o seu desenlace, funcionasen á maneira dunha especie de catarse ascética ou ascetismo catártico que o fortificase de por vida para todo o que, non leve, precisamente, lle restaba por experimentar. Nas décadas seguintes, foi a súa unha actividade incesante na investigación literaria, nos estudos gramaticais e lingüísticos, na crítica, no traballo de campo e na análise literaria e historiográfica, para alén de non abandonar nunca o cultivo da convencionalmente chamada literatura de creación, que serviu igualmente en todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro. Esta edición de textos -homenaxe no centenario do seu nacemento- recolle unha pequena antoloxía significativa do traballo do maior e mellor polígrafo da súa xeración, con achegas fundamentais para o estudo das nosas letras, tanto polo seu rigor canto pola súa vixencia.

Ricardo Carvalho Calero

de Maria Pilar Garcia Negro

Propriedade Descrição
ISBN: 9788484871958
Editor: Edicions Laiovento, S.L.
Data de Lançamento: Janeiro de 2007
Idioma: Espanhol, Galego
Encadernação: Capa mole
Páginas: 258
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Literatura > História da Literatura
EAN: 9788484871958