10% de desconto

O Soño Do Osiño Rosa

de Roberto Aliaga Sanchez
idioma: galego
Editor: OQO Editora, setembro de 2025 ‧
16,21€
14,59€
10% DESCONTO IMEDIATO
portes grátis
O osiño choraba desconsolado porque perdera o seu soño. A xirafa entón estirou o seu longo pescozo e buscou no ceo; o cabalo viaxeiro percorreu a terra e a ra mergullouse no fondo do río... Pero con ningunha das cousas que lle trouxeron, conseguiron que deixase de chorar. Cal é o soño dun osiño rosa?.A xirafa leváralle unha bufanda; o cabalo, unhas ferraduras e a ra, unhas lentes de sol. Sen pretendelo, cada quen procurara o seu propio soño, e non o do osiño rosa. Só o moucho, animal asociado sempre á sabedoría, cae na conta do erro cometido e ponlle remedio.Dunha maneira sinxela e efectiva, Roberto Aliaga preséntanos una historia coa que aprendemos que ser solidarios require poñerse no lugar dos outros e comprendelos. Cómpre algo máis que boas intencións para prestar axuda a alguén; o moucho sábeo e, antes de nada, pregúntalle ao osiño polo seu soño.Helga Bansch, gran coñecedora do mundo da infancia, crea personaxes doces e entrañabeis, , cos que os lectores poderán identificarse. Alén diso, a ilustradora agocha en cada imaxe algún detalle, para que os máis pequenos se recreen e deixen voar a imaxinación.

O Soño Do Osiño Rosa

de Roberto Aliaga Sanchez

Propriedade Descrição
ISBN: 9788498717624
Editor: OQO Editora
Data de Lançamento: setembro de 2025
Idioma: Galego
Dimensões: 250 x 230 x 23 mm
Encadernação: Capa dura
Páginas: 36
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Infantis e Juvenis > Livros Infantis de Ficção
EAN: 9788498717624