10% de desconto

Epistolario

de Xose Maria Diaz Castro
idioma: espanhol, galego
Editor: Editorial Galaxia, S.A., novembro de 2014 ‧
24,67€
10% DESCONTO CARTÃO
portes grátis
Para calquera escritor, a recuperación e publicación das cartas que enviou e recibiu a través dos anos é fundamental, pois moitas cuestións literarias poden ter ùe habitualmente teñenù a súa pertinente aclaración na correspondencia dos autores. Díaz Castro non é nisto unha excepción e aí reside a razón de ser da presente obra: exhumar as misivas coñecidas de contido literario das que o autor de Nimbos participou como emisor ou como receptor. Este Epistolario compila todas as cartas de interese literario cruzadas entre Xosé María Díaz Castro e outros autores ao longo de varias décadas. Nelas trátanse asuntos relevantes de xorne crea tivo e biográfico, de interese non só para a reconstrución de episodios decisivos da vida e obra do escritor de Guitiriz, senón tamén para o mellor coñecemento de interlocutores como Ricardo Carballo Calero, Xosé Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego, Luís González Tosar, Aquilino Iglesia Alvariño e Ramón Piñeiro, entre outros. A lectura destas cartas achega novas importantes sobre a poética de Díaz Castro, o envío de colaboracións aos medios, opinión lingüísticas diversas, a xestación e recepción das edicións de Nimbos, o seu nomeamento como correspondente da Real Academia Galega ou a súa participación en acontecementos literarios. Considerados no seu conxunto, estes textos fornecen unha documentación privilexiada para contextualizar a obra literaria do escritor e a relación mantida con outros autores do seu tempo.

Epistolario

de Xose Maria Diaz Castro

Propriedade Descrição
ISBN: 9788498655759
Editor: Editorial Galaxia, S.A.
Data de Lançamento: novembro de 2014
Idioma: Espanhol, Galego
Encadernação: Capa mole
Páginas: 240
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Literatura > História da Literatura
EAN: 9788498655759