adicionar à lista de desejos
imagem não disponível
Elipsis E Outras Sombras
Elipsis E Outras Sombras
idioma: espanhol, galego
Editor:
Edicións Xerais, julho de 1995 ‧
ver detalhes do produto
13,76€
10% DESCONTO
CARTÃO
Um5oNVVGaDRWMjVaWVhCSmVHWkxVWEZ0VFhKNFpIZENVMHRvYVZkaVkwRXlTbGxyY1d3eVFYZzFNVkphYW5Cc2FVNVVjMHhRUTNORlYwcEpRWGx0UmpORFkzcFVkbVEyVFU1VlZrdEpjemh2VVhGa1dUZFVlbTFEY3pGVGRUUkRjMnhGV0Vod1oweHFRbVYzTjJObWJXRXhVVGMxYURabVRYcEtlR2RNT1VoRE5HdHhSVU4yTjFoWU4yNVZUMEpyUVVGUVptcGtTWEpQTTBwck1EY3ZjRmxPWjFKMk1uWldNV1pzUTI1blYzSnhibVZVWVVnd01HSjBRamN2WTNObFRVeFFVVGRtYjFJNVlYcEhhSEZPY1c4emJHeHBNSGxEV1ZoalZrNVZTV1ZDYW05M1NUUTJkVTVCVUdST1IxVllOelZFU0hoSVJIUllNazF3YWt0aloxVjFOMEZPWmtKNmNpOTViMlJCYlhFeFZWRlpXRkp5Wmk4eU0wczJiRVJYZEROdVJDdDVSRE5wVFRaMlJHNXFTMWhYTlU1TU9FSkpWR3RYUkhGVllVOTBSMmxXWkd0eWJqQXJTbW8yU0RjM1dsZDFkbVZWY21adU5WYzFWbnBwTVVsaVQwbHBSVTFxVldvMWRWZzNTVmhhYVhOUmQxRlZNVFZwSzFwa1ZHRllaM1JsYWpsVWRUZG5hazE0YTFkaVdsWlpjSEpSV25kQ2FGUkxPREZ6YzFaVVYxYzRWMk5OSzJsdVpYTklTRVpoWmpSbFprWTJiRkJhWjJWeVJ6SnZPV1o1ZFRJMVJDOHdOMU5vZVhjMFNHMWthVTlYYVVobVVsZ3lWVWRpTmpkdFZtMUNlRWROTkVSWWNrNWxOMVJZV1ZOMGFsQnRSM0JGVEN0RmFFaDZNM2xJYzFVdlRYVlhVREpRU2t4MlkyNTZUVWxIZUdzeWEzaExOREZVTlc5R1ZGTk9SMDFRTTJablN5dDFaWHBKVUM4eWNYUm9lRXRaWlRKeWNYZExjVzVIY0VnNU5HMXBORkF2ZVRKeVVrMVlVM0Z1YTNkQmRucEdTa040UTNWVFpqRnJhV3RNV1dsT1NrMDJkVWRTS3pWSEwwNVdMMWhqU0dSRlVrRnJWR2xQZVdReFdVWnRhazFYZEdOSVJYZzBiamRQV21sd04zTkhRbEZpWkhwWFRrdHdSVEZzY1ZsNVRuRldaVWRtVkRObVRHRjFUVVV2UkdOMk9YRk5UazlXTUdOTmIyaGtaMFZ3ZHpGQlRsUndWV2xoTVdkamRrOXZXbG93UVNzMGNrZzBja3AzYkVWdVprVlpVMDFTZWtKRGRISm1iRnB2VFdoWGVUbHliWFZIU0ZJNTpmbXV5Wk5PRjRMeE9rR3lVM0RxZm53PT0=
SINOPSE
Aparece en 1974 Elipsis e outras sombras, libro ó que lle faltaba o seu conto señor e principal «Elipsis», por motivos que o propio Ferrín non podía explicar nos avisos a aquela primeira edición, e ós que si se refire claramente no aviso á segunda, de 1983: «Esta edición inclúe o conto que dá título ao libro e que fora tachado con grosas aspas de lapis vermello na primeira edición». A censura actuaba no final do franquismo, xa un réxime en descomposición, coa mesma dureza que nas décadas anteriores. A edición completa, que hoxe presentamos revisada polo autor, constitúena oito relatos: «Prólogo. Impunidade» mais seis contos mais «Epílogo. Ditadura das cousas». O primeiro relato fainos ver a continuidade ideolóxica entre un usureiro vi1ego ignorante e reaccionario, e o seu fillo, señorito en Santiago e Madrid, que participará, realizándose plenamente como asasino fascista, nas matanzas posteriores ó levantamento militar de 1936. O último conto transmítenos a voz dunha muller burguesa que, mentres critica o exceso de atención á realidade por parte dos progresistas, pretende coñecer a verdade espiritual e non cesa un momento de aconsellar o consumo de miles productos, para finalmente declarar o seu enorme interés polo producto rei da sociedade que adora: o diñeiro. Os seis relatos centrais, empezando por Elipsis», son seis variacións sobre un mesmo tema: a loita de clases. Clases que case sempre aparecen configuradas como castes, unhas mantedoras e outras sufridoras de sistemas de producción e maquinarias represivas que reducen ó ser humano á condición de animal inferior, atrapado en tradicións, en ritos, en labirintos deseñados dende o poder para perpetuarse. Nesta dinámica de represión e resistencia, os oprimidos viven instalados na derrota coma unha condena perpetua. Non obstante a vinganza e o triunfo, como en «Elipsis», pode chegar algún día, no remate dun ciclo, para quen conserva o cerne da súa identidade intacto.
DETALHES
| Propriedade | Descrição |
|---|---|
| ISBN: | 9788475079073 |
| Editor: | Edicións Xerais |
| Data de Lançamento: | julho de 1995 |
| Idioma: | Espanhol, Galego |
| Encadernação: | Capa mole |
| Tipo de produto: | Livro |
| Classificação Temática: |
Livros em Espanhol
>
Literatura
>
Contos
|
| EAN: | 9788475079073 |
-
Elipsis Y Otras Sombras10%KALANDRAKA15,60€
17,33€portes grátis -
Poesia Reunida De X L Mendez Ferrin10%Edicións Xerais24,71€
27,46€portes grátis