10% de desconto

Diario Dunha Sufraxista

de Nicole Cadène
idioma: espanhol, galego
Editor: Edicions Laiovento, S.L., Janeiro de 2024 ‧
13,20€
11,88€
10% DESCONTO IMEDIATO
Aínda se sentía a calor revolucionaria da Comuna de París de 1871 cando chega a París, dous anos despois, Hubertine Auclert, unha muller esencial para o feminismo, a primeira en usar o termo e unha das súas pioneiras e máis firmes defensoras. Grazas ao traballo da historiadora Nicole Cadène recuperouse o seu fragmentario Diario e uns folios soltos que nos permiten coñecer moito mellor como era Hubertine Auclert e como pensaba. Se as páxinas do Diario ancoran as súas vivencias entre xuño de 1883 e o 29 de marzo de 1886, as que respiran nos folios soltos esténdense entre o 18 de setembro de 1888 e o 29 de outubro de 1889. Escoitamos as súas queixas e denuncias sobre as dificultades para avanzar nunha sociedade dominada polos homes e por leis feitas á súa medida. Contra todo iso loitará durante toda a súa vida Hubertine Auclert. Neste libro damos a coñecer non só ás páxinas do recuperado Diario e dos folios soltos, senón que, para valorar moito mellor o traballo político da feminista, realizamos a tradución dalgunhas das súas destacadas colaboracións na prensa (La Citoyenne; La Libre Parole; Le Radical) e incluímos un dos seus discursos máis potentes, o que fixo no III Congreso Obreiro Socialista de Marsella de 1879. A memoria debe ser un exercicio vivo de compromiso e comprensión do pasado. As experiencias vividas teñen o seu contexto, pero todas transmiten, no esencial, unha fonda ensinanza que convén asimilar para avanzar. A lectura de Hubertine Auclert permítenos iso.

Diario Dunha Sufraxista

de Nicole Cadène

Propriedade Descrição
ISBN: 9788484876571
Editor: Edicions Laiovento, S.L.
Data de Lançamento: Janeiro de 2024
Idioma: Espanhol, Galego
Dimensões: 140 x 210 x 23 mm
Encadernação: Capa mole
Páginas: 90
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Ciências Sociais e Humanas > Sociologia
EAN: 9788484876571