10% de desconto

Ao Pé Do Abismo

de Rosa Aneiros
idioma: espanhol, galego
Editor: Edicións Xerais, novembro de 2007 ‧
21,35€
10% DESCONTO CARTÃO
portes grátis
Ao pé do abismo é a engaiolante prosa xornalística de Rosa Aneiros e inclúe textos tan deslumbrantes como «A última vaca», premio Caixanova Francisco Fernández del Riego de Xornalismo. Literatura e xornalismo, realidade e ficción.Velaquí un xogo de equívocos. A verdade mestúrase coa mentira pero nunca sabemos cal é cal. O lindeiro entre a literatura e o xornalismo fica esvaecido polo neboeiro dos datos, das aparencias, da credibilidade, dos nomes, da estrañeza, da obxectividade sempre subxectiva de quen olla. Son retallos que navegan entre a realidade e a ficción, un baile arriscado ao pé do abismo, unha singradura por memorias e teimas. Por horrores e fascinacións. Por paisaxes e persoas. Dos terribles titulares de prensa ao nordés que varre o rostro na Frouxeira. Das estatísticas que anulan os rostros á ollada de Carol nunha favela de Brasil. Das perlas que se perden no maremoto de Asia ao silencio de area do pobo saharauí. Do sabor clorofila do tabaco en Viñales ao debuxo dunha bandada de estorniños na Coruña. Todas estas mentiras e verdades fican atadas tan só por un fío de herba. É un mollo de emoción que talvez nos permita atrapar por uns segundos o efémero e aturuxador cotío que sempre nos foxe. A realidade nunca estivo tan lonxe. Ou non.

Ao Pé Do Abismo

de Rosa Aneiros

Propriedade Descrição
ISBN: 9788497826761
Editor: Edicións Xerais
Data de Lançamento: novembro de 2007
Idioma: Espanhol, Galego
Encadernação: Capa mole
Páginas: 320
Tipo de produto: Livro
Coleção: Edicion Literaria -
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Ciências Sociais e Humanas > Comunicação e Jornalismo
EAN: 9788497826761

LIVROS DA MESMA COLEÇÃO