10% de desconto

Aníbal Otero

de Xesus Alonso Montero
idioma: espanhol, galego
Editor: Edicións Xerais, fevereiro de 2011 ‧
27,46€
10% DESCONTO CARTÃO
portes grátis
Este libro é a biografía de Aníbal Otero Álvarez (1911-1974), filólogo que, en 1936, era, ós 25 anos, o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo. Tamén era un excelente e apaixonado coñecedor do romanceiro da tradición oral. Como fonetista foi, ademais dun pioneiro, un mestre. Pero o verán do 36 tronzou, en boa parte, a súa vida profesional cando o 5 de agosto, en Valença do Minho, foi detido, ilegalmente, pola Policía portuguesa, que o entregou, abouxado e inerme, ás autoridades militares de Tui, que, sen lexitimidade política, asumiron unha detención ilegal, unha especie de secuestro. Días antes, Aníbal Otero entrevistaba os "camponeses" do norte de Portugal como colaborador do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, el que, meses antes, investigara os cincuenta e tres puntos do mapa idiomático de Galicia. Logo vén o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de pena de morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos de prisión en cinco cadeas distintas. Cando, nos anos cincuenta, Aníbal Otero volve á actividade lingüística, faino con dificultades, con limitación de medios científicos e con moi poucos azos. Aníbal Otero está dentro das coordenadas da lingüística española nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da posguerra, esquema no que tamén se moven os seus dous grandes mestres: Ramón Menéndez Pidal (nunha especie de exilio interior) e Tomás Navarro Tomás (no exilio exterior, ergueito sempre na belixerante dignidade de quen proclamaba que non "amnistiaba a Francoö).

Aníbal Otero

de Xesus Alonso Montero

Propriedade Descrição
ISBN: 9788499141985
Editor: Edicións Xerais
Data de Lançamento: fevereiro de 2011
Idioma: Espanhol, Galego
Encadernação: Capa mole
Páginas: 416
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Literatura > Biografias
EAN: 9788499141985