10% de desconto

Alusion. Efemeras Landoas

de Arturo Casas
idioma: espanhol, galego
Editor: Editorial Galaxia, S.A., junho de 2011 ‧
20,89€
10% DESCONTO CARTÃO
portes grátis
O seu propósito declarado foi contribuír a instaurar unha crítica da destrución política a través da análise dos discursos hexemónicos e das camuflaxes do poder, con atención particular ao acontecido en Galicia. Os textos incluídos no blog e agora publicados neste libro abranguen tamén campos como o social e o cultural a través dunha dinámica pluralidade de rexistros, entre os cales o humorístico, o autoficcional e o satírico non foron os menos desenvolvidos. Durante os meses que permaneceu activo Lándoas, o blog alcanzou algo máis que unha moderada notoriedade, ás veces con varios centos de visitas diarias. Tivo ademais algunha influencia no debate público, como podería demostrar o contexo con algúns columnistas e artigos de opinión. As lándoas son as marxes que marcan os límites dunha leira. A palabra designa por tanto o perímetro inculto, o que non se ara. Outra acepción é a de fenda no tronco de sobreiras, castiñeiros... Parábolas, pois, e crónica nas marxes de texto, nas lándoas dos discursos públicos. O escrito nas 355 anotacións redactadas no blog, sen contar agora os comentarios empatados, acomodouse pois en 'Alusión' a cinco epígrafes ordenados internamente con criterio cronolóxico inverso ao propio do blog: "O mundo da vida", "Estética e dinámica", "Historias" (ou a historia elevada á pluralidade), "Homo ludens" e "Sistémica mente".

Alusion. Efemeras Landoas

de Arturo Casas

Propriedade Descrição
ISBN: 9788498653762
Editor: Editorial Galaxia, S.A.
Data de Lançamento: junho de 2011
Idioma: Espanhol, Galego
Dimensões: 210 x 295 x 15 mm
Encadernação: Capa mole
Páginas: 160
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Outros
EAN: 9788498653762