10% de desconto
idioma: espanhol, galego
Editor: Edicións Xerais, Janeiro de 2016 ‧
20,89€
10% DESCONTO CARTÃO
portes grátis
Don Ramón María del Valle-Inclán retirouse á súa Galicia natal en marzo de 1935 coa esperanza dun milagre que atallase a enfermidade que padecía. Durante nove meses viviu, con altiveza e serenidade, unha progresiva deterioración que terminou coa súa morte o 5 de xaneiro de 1936. Naquel marco histórico, xa coa Guerra Civil no horizonte, a morte de Valle-Inclán en Santiago de Compostela acabaría por converterse nun dos seus propios esperpentos. O derradeiro. O que aquí se desvela. Carlos G. Reigosa e Javier del Valle-Inclán (neto do escritor) expoñen neste libro dúas versións suxestivas e complementarias daqueles episodios. Ambos os dous centraron a súa ollada investigadora nos últimos meses de don Ramón. O resultado son dúas visións esenciais que nos mergullan nunha realidade nova e sorprendente. O crítico de teatro José Monleón, fundador e director da revista Primer Acto e experto na obra de Valle-Inclán, presenta e completa o libro cunha reflexión sobre a traxectoria que seguiu o teatro do escritor galego, desde a negación inicial ata a súa exaltación universal. A morte de Valle-Inclán é un libro para sentir de cerca o latexo do grande escritor e rememorar a Historia doente que lle tocou vivir.

A Morte De Valle-Inclán

de Carlos G. Reigosa, Javier Del Valle-Inclán e Jose Monleon

Propriedade Descrição
ISBN: 9788499149639
Editor: Edicións Xerais
Data de Lançamento: Janeiro de 2016
Idioma: Espanhol, Galego
Encadernação: Capa mole
Páginas: 160
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Literatura > Biografias
EAN: 9788499149639