Viva Galicia Beibe

by Anton Reixa
language: spanish, galician
Publisher: Edicións Xerais ‧
20,33€
free shipping
Neste libro Antón Reixa xuntou as cancións que escribiu dende 1982 até 2016 para o grupo do que é cantante, Os Resentidos, así como as poucas mercenarias, compostas para outros artistas. Un cancioneiro de case cento cincuenta pezas escritas para a xente e de costas ao onanista mundo literario por un poeta camuflado na estrita métrica visceral do rock and roll e sometido á erosión dos sucios locais de ensaio e das suores dos escenarios. Cancións publicadas aquí como textos literarios, o que lonxe de pedantería ningunha obedece á convicción de que, por moito que a industria musical o trate de obviar, as letras das cancións non son indiferentes nin neutrais respecto á difusión da música popular en todas as épocas. Unha edición que Antón Reixa dedica a todos os músicos cos que colaborou ao longo destas máis de tres décadas e aos espontáneos portadores dunha entusiasta pancarta aparecida nun concerto de Os Resentidos en Madrid e que dicía coa contundencia da pintura en spray: Galicia Beibe

Viva Galicia Beibe

by Anton Reixa

Property Description
ISBN: 9788491211198
Publisher: Edicións Xerais
Language: Spanish, Galician
Dimensions: 150 x 230 x 23 mm
Cover: Softcover
Pages: 312
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Art > Music
EAN: 9788491211198