language: spanish, galician, galician
Publisher: OQO Editora, October of 2005 ‧
OUT OF STOCK OR NOT AVAILABLE
Sell ​​your book
Un rei poderoso, amante da caza e das armas, agarda impaciente o momento en que o seu fillo ocupe o trono; pero Valentino, un príncipe bondadoso e intelixente, ve o mundo doutro xeito, e non se adapta ás expectativas do pai, nin aos estereotipos do heroe: é inimigo da caza, rexeita as armas e a idea da guerra faino tremer.

Aos ollos do rei, Valentino é un covarde. Aínda así, a súa conduta namora a unha princesa sagaz e intelixente que lle axudará a saír con éxito das situacións desesperadas en que se ve envolto, cando teña que resolver os conflitos, como un príncipe valente e decidido.
Logo do feliz desenlace, o príncipe herdeiro ficará convertido nun heroe e co seu exemplo, a forza, non será nunca máis un recurso para facer valer a razón. Valentino é un personaxe simpático para o lector. Ademais, grazas ás situacións cheas de humor e por veces absurdas, todos penetraremos na psicoloxía deste personaxe que conmove as sensibilidades e fai reflexionar sobre os valores supremos do corazón humano. Por riba, con este conto chegado de Etiopía, coñeceremos un pouco máis desa cultura particular, e como veremos, universal a vez.
As ilustracións de Renata Gallio complementan a faceta máis humorística do texto cunha mirada cargada de dozura e sutileza, na que destaca o tratamento das texturas e o acabado preciso das imaxes.

Idioma: Galego

Valentino

by Renata Gallio e Luísa Morandeira

Property Description
ISBN: 9788496573154
Publisher: OQO Editora
Release Date: October of 2005
Language: Spanish, Galician, Galego
Dimensions: 230 x 250 x 10 mm
Cover: Hardcover
Pages: 64
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Children’s and Young Adult > Children's Fiction Books
Books in Spanish > Children’s and Young Adult > Activity Books
EAN: 9788496573154