10% OFF

Un Cadro De Velázquez

by Claire D'Harcourt
language: spanish, galician
Publisher: KALANDRAKA, August of 2011 ‧
15,29€
10% OFF CARD
Unha instrutiva viaxe ata o século XVII para mesturarse entre os ilustres personaxes deste retrato múltiple. Os detalles e os misterios dun dos cadros máis célebres da Historia, cunha lámina despregable. Deseño de Loïc Le Gall As páxinas deste libro invitan os lectores a entrar nun dos cadros máis célebres e misteriosos da historia da Arte, situándoos no estudo de Diego Velázquez, no Palacio Real de Madrid en pleno século XVII. Como pintor de cámara, Velázquez realiza un retrato múltiple dos protagonistas da corte: a infanta Margarita no centro da escena, coas súas meninas María Agustina Sarmiento e Isabel Velasco; os seus acompañantes Mari Bárbola e Nicolás de Pertusato; a súa coidadora, Dona Marcela de Ulloa, e o apousentador real, José Nieto, en segundos planos; e reflectidos estratexicamente nun espello, os reis Felipe IV e Mariana de Austria. O propio Velázquez autorretrátase neste gran lenzo de perspectiva aérea e múltiples planos visuais, que destaca polo tratamento da luz e do contraluz, pola mestría aplicando a técnica do sfumato, e pola capacidade para representar o movemento en vivo, como se dunha una fotografía se tratara. AS MENINAS data de 1656 e atópase no Museo del Prado, en Madrid.

Un Cadro De Velázquez

by Claire D'Harcourt

Property Description
ISBN: 9788415250241
Publisher: KALANDRAKA
Release Date: August of 2011
Language: Spanish, Galician
Cover: Hardcover
Pages: 36
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Children’s and Young Adult > Young Adult Literature
EAN: 9788415250241