10% OFF

Tríptico

by Antoni Mari
language: spanish, galician
Publisher: KALANDRAKA, November of 2012 ‧
15,29€
10% OFF CARD
Versos baseados na recuperación da experiencia vivida, na memoria e na pulsión existencial; nos dominios do eu persoal para que cada lector percorra a súa propia vida interior. Ilustración de cuberta de ANXO PASTOR Editado en linguas como o alemán , o italiano, o francés, o portugués e o castelán, Antoni Marí insire a súa poesía na recuperación da experiencia vivida. Desde aí, nos dominios do seu eu persoal, convida a cada lector a percorrer finalmente a vía interior que lle é propia. TRÖPTICO reúne, en edición bilingüe catalán-galego, unha terna de poemarios -‘Preludio’, ‘Unha viaxe de inverno’ e ‘O deserto’- publicados entre 1979 e 1997. En conxunto, 32 composicións nas que a memoria, os sentimentos e a pulsión existencial marcan o devir dos versos, adobiados con fragmentos de clásicos como Dante, figuras contemporáneas como T.S. Eliot, ou mesmo autores cataláns como Carles Riba ou Josep Vicenç Foix. Faktoría K retoma o ronsel literario iniciado pola colección de poesía Tambo, que interrompera a súa actividade en 2006 despois de máis de trinta entregas. Daquela -e tamén con Luís Rei Núñez como coordinador- saíron do prelo obras de escritores como Carlos Oroza, Ramiro Fonte, Estíbaliz Espinosa, Antón Patiño, Román Raña, Manuel Romón, Elvira Riveiro, Xavier Seoane ou Cecilio Muñoz. Na ilustración das portadas colaboraron artistas como Menchu Lamas, Xosé Freixanes, Berta Cáccamo, Marta Armada ou Antón Lamazares. Nesta nova etapa que inauguraron "Os ángulos da brasa" de Manuel µlvarez Torneiro e a antoloxía de poetas vascos "Alén da fronteira", Tambo ábrese a autores doutras linguas, traducidos directamente para o galego.

Tríptico

by Antoni Mari

Property Description
ISBN: 9788415250432
Publisher: KALANDRAKA
Release Date: November of 2012
Language: Spanish, Galician
Cover: Softcover
Pages: 160
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Fiction > Poetry
EAN: 9788415250432