10% OFF

Por Que As Sombras Non Teñen Ollos

by Luis Manuel Garcia Maña
language: spanish, galician
Publisher: Edicións Xerais, October of 2015 ‧
21,35€
10% OFF CARD
free shipping
O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha carteira na que atopará a fotografía dunha moza, unha carta remitida desde Canadá e tres follas manuscritas, material que agochará na casa dun familiar. O mesmo día, na embaixada do Reino Unido en Madrid recibíronse instrucións encriptadas para que o persoal diplomático do consulado de Vigo recuperase os efectos persoais e restos documentais atopados no lugar do sinistro. Coa chegada a Montealegre dunha profesora finlandesa de historia, colaboradora do servizo de intelixencia alemán, comezará neste territorio da Raia Seca galego-barroso unha batalla de espías na procura destes documentos que será decisiva para o desenlace da Segunda Guerra Mundial. Nesta orixinalísima novela de misterio e espionaxe, historicamente moi documentada, García Mañá consolida a súa mestría como narrador de intriga e promotor do espazo literario arraiano.

Por Que As Sombras Non Teñen Ollos

by Luis Manuel Garcia Maña

Property Description
ISBN: 9788499149202
Publisher: Edicións Xerais
Release Date: October of 2015
Language: Spanish, Galician
Cover: Softcover
Pages: 168
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Fiction > Police and Suspense
EAN: 9788499149202