10% OFF

Por Amor a Ti, Meu Fillo

by María José Rodríguez
language: galician
Publisher: Âncora Editora, December of 2016 ‧
10,00€
10% OFF CARD
IN STOCK -
Sell ​​your book
«Ao longo das páxinas desta historia ambientada en Bueu, M.ª José Rodríguez relata cun estilo sinxelo a triste realidade de moitas mulleres,de bastantes máis das que a xente pensa, mesmo aquí na nosa vila. Realiza unha descripción perfecta da tipoloxía da violencia de xénero: física, psicolóxica, sexual, económica e social. Asimesmo analiza as súas causas, que é preciso eliminar, tales como o patriarcado, o mito do príncipe azul e máis da relación perfecta, os roles e estereotipos, a submisión, a malentendida xenerosidade de deixar todo "por amor". Algo aparentemente marabilloso no que tantas mulleres aínda cren en pleno século xxi e que as fai vivir engaioladas, no descoñecemento de que o amor non pode cambiar a ninguén.
[...]Nin que dicir ten, os meus máis sinceros parabéns á autora deste relato. E tamén a todas e todos os que se acheguen a súa lectura. Cando rematen, comprenderán o motivo.»

Por Amor a Ti, Meu Fillo

by María José Rodríguez

Property Description
ISBN: 9789727805785
Publisher: Âncora Editora
Release Date: December of 2016
Language: Galician
Dimensions: 150 x 232 x 4 mm
Cover: Softcover
Pages: 56
Format: Book
Collection: Holograma
Categories: Books in Spanish > Social Sciences and Humanities > Sociology
EAN: 9789727805785

ABOUT THE AUTHOR

María José Rodríguez

María José Rodríguez (Ourense), axente de Publicidade titulada, Técnica en Márketing, Diplomada en Relacións Públicas e Protocolo, e Máster en Dirección Comercial e Márketing pola Escola Superior de Negocios Caixanova (agora Afundación). A súa ampla traxectoria profesional divídese, por unha banda, en traballos como formadora de cursos da súa área de especialización en Cámaras de Comercio, Asociacións de Empresarios, Concellos, IFES (Instituto de Formación e Estudios Sociais), institutos universitarios, etc.

Ademais de traballar no Departamento de Publicidade de Radio Pontevedra, foi locutora dun programa deportivo en Antena 3 Radio na devandita localidade, e Directora da Axencia de Publicidade Trazos en Pontevedra, desenvolvendo campañas importantes en toda Galicia para empresas importantes como Clesa (Lácteas del Atlantico), Concello de Pontevedra, Celulosas e Deputación Provincial, entre outros. Aparecen citas da súa actividade profesional en "Quen é quen na Galicia do 2000", figura no número 52, letra R, no Correo Galego 1993, "Quen é quen" na revista de xaneiro, Economía Galega, 1991, entrevista no apartado "Quen é quen" a Voz de Galicia, 1990. Neste momento, desenvolve actividades comerciais e publica a súa primeira novela curta Por Amor a Ti, Meu Fillo.

(see more)

BOOKS FROM THE SAME COLLECTION