10% OFF

O Tesouro Da Lagoa De Reid'Is

by Agustin Agra
language: spanish, galician
Publisher: Edicións Xerais, October of 2006 ‧
13,20€
10% OFF CARD
Aldara e Paulo pasan as vacacións de verán cos seus avós na Casa de Outeiro en Viladomar de Cabodomundo. O avó cóntalles a súa aventura na busca dun tesouro fabuloso afundido na lagoa da Praia de Mardefora, á altura da Gran Duna onde hai moito tempo quedara asolagada a cidade de ReidÆIs. Aquela montaña de cofres repletos de ouro, diamantes e outras alfaias de valor incalculable, ficara agochada no grandioso pazo do rei e custodiada polos feroces urcos sedentos de sangue e por unha fermosa rapaza de cabeleira vermella, a princesa do lago. Como fixo o avó para baixar á cidade, a capital do Antigo Reino? Conseguiu recuperar algunhas daquelas pezas marabillosas? O tesouro da lagoa de Reid æIs de Agustín Agra obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil 2006. Texto de literatura fantástica cunha forte pegada realista, o xurado sinalou como os seus elementos máis salientables a fermosa recreación de lendas tradicionais galegas sobre un fondo de materia artúrica, a recuperación da oralidade, a creación toponímica sobre estruturas galegas (Cidadepedra, país de Alenmarà), o emprego dun léxico rico, inzado de referencias literarias e mitolóxicas, a reinvención de personaxes como o Gaiteiro Manfred (que toca muiñeiras de auga para que lle leven a tristura).

O Tesouro Da Lagoa De Reid'Is

by Agustin Agra

Property Description
ISBN: 9788497824811
Publisher: Edicións Xerais
Release Date: October of 2006
Language: Spanish, Galician
Cover: Softcover
Pages: 88
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Children’s and Young Adult > Adventure Books
EAN: 9788497824811