10% OFF

O Carnaval Dos Animais

by Jose Antonio Abad
language: spanish, galician
Publisher: KALANDRAKA, June of 2013 ‧
23,45€
10% OFF CARD
free shipping
Desde os animais de curral aos felinos, pasando polos seres acuáticos e os voadores. Toda a fauna do mundo reunida para celebrar o aniversario do Rei León ao ritmo das composicións de Camille Saint-Saëns. «O carnaval dos animais» é unha suite en 14 movementos composta en 1886 durante unhas vacacións de Saint-Saëns nun pobo austríaco. Trátase dunha composición humorística -a modo de collage musical de obras do propio autor e de antigas cancións francesas ou pezas tan coñecidas coma o Can-can- pensada para interpretala nunha festa de carnaval, xa que os personaxes son animais diversos: leóns, tartarugas, elefantes, galiñas, canguros… Por desexo de Saint-Saëns, estreouse tralo seu pasamento e chegou a ser unha das súas obras máis exitosas. José Antonio Abad creou un texto literario cuxa lectura pódese acompañar coa audición dunha escolma das mellores interpretacións orquestrais. O relato recrea o ambiente de solemnidade da celebración e describe a chegada dos invitados, conformando unha postal de biodiversidade na que non faltan elementos fantásticos. As ilustracións de JoÆo Vaz de Carvalho complementan o espírito lúdico deste libro, con figuras caricaturescas.

O Carnaval Dos Animais

by Jose Antonio Abad

Property Description
ISBN: 9788484648239
Publisher: KALANDRAKA
Release Date: June of 2013
Language: Spanish, Galician
Dimensions: 221 x 251 x 9 mm
Cover: Hardcover
Pages: 36
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Children’s and Young Adult > Children's Fiction Books
EAN: 9788484648239

Divertido

Catarina

Um livro muito interessante