10% OFF

Escoite E Vera!

by Manoel Da Costa
language: galician
Publisher: Andavira Editora, June of 2023 ‧
17,33€
10% OFF CARD
free shipping
Bouzas, época actual. Unha taberna nunha das canellas davila: «a do Mincha». Unha baiuca que recende a polbo á feira eviño de Monterrei. Xente debruzada no mostrador e outra poucasentada nalgunha das mesas do local, brunidas pola eficaz manda Sefa. Nunha destas mesas, don Paio, o «Mirequelledigo» e oseu amanuense don Manoel degustan viño e o petisco do día,adobiado por unha das fermosas historias con moita filosofía vitaltabernaria e deducións abertas en forma de copla ás que nosteñen afeitos das dúas entregas anteriores das «Crónicas dun filósofotabernario».Se consideramos as andainas do Tiniño o Averomar como acerna da primeira entrega destas Crónicas e os amores e desamoresda Sefa o da segunda, podemos afirmar que son as historiasdo barrio da Estación de dona Lola, a muller de don Manoel, aparte senlleira desta terceira. Sen esquecer os episodios da batallade Vigo e as funestas consecuencias da derrota dos que tiñan aforza da razón pero non a razón da forza, os contos de Xinzo deLimia, o verdadeiro significado dalgunhas tradicións, Homero ea «numeroloxía», a invasión da modernidade, os discapacitadosmorais e a posibilidade de redención. E moito da muller, das mulleres,das mulleres de acotío, das mulleres que traballan arreomentres os seus homes descansan dos atafegos do día á sombradunha «figueira de Bengala».

Escoite E Vera!

by Manoel Da Costa

Property Description
ISBN: 9788412683455
Publisher: Andavira Editora
Release Date: June of 2023
Language: Galician
Dimensions: 155 x 230 x 23 mm
Cover: Softcover
Pages: 318
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Others
Books in Spanish > Fiction > Romance
EAN: 9788412683455