10% de desconto
idioma: galego, espanhol
editor: Editorial Galaxia, março de 2010
Esta novela narra a viaxe dun adolescente italiano que sae desde Xénova rumbo a Bos Aires na procura de fortuna, a comenzos do século XX, entre as dúas grandes guerras. A fame e a dor, a despedida da súa nai, o camiño cara ao porto cuns amigos que tamén marchan, a viaxe no barco, un naufraxio, a chegada ao porto de Bos Aires, a súa viaxe en tren cara á Pampa, a súa incorporación a un circoà, son algúns dos fitos desa viaxe onde o adolescente se inicia sexualmente, descobre o amor, atopa un traballo e tenta construír a súa identidade na nova terra. Unha novela conmovedora e esperanzada sobre o camiño que debe emprender un neno para se converter en home. Stefano está considerado un clásico, cita de referencia obrigada na literatura xuvenil, que enlaza os acontecemento vitais emocionais da adolescencia coa dura experiencia da emigración, como lle aconteceu a tantos galegos e galegas que tiveron que cruzar o mar cara a unha terra chea de incertezas, onde tiveron que poñer a proba o mellor e o peor que habita no ser humano. A calidade desta obra foi recoñecida con premios e distincións, entre as que destacan, entre outros, o Premio White Ravens 1998 do Internationale Jugendbibliothek. Múnic, Alemaña.

Stefano

de Maria Teresa Andruetto

Propriedade Descrição
ISBN: 9788498651652
Editor: Editorial Galaxia
Data de Lançamento: março de 2010
Idioma: Galego, Espanhol
Dimensões: 136 x 208 x 8 mm
Encadernação: Capa mole
Páginas: 104
Tipo de produto: Livro
Coleção: Eductron
Classificação temática: Livros em Espanhol > Outros
EAN: 9788498651652