O Oso E O Corvo

de André da Loba e Monika Klose
idioma: espanhol, galego, galego
Editor: OQO Editora, outubro de 2007 ‧
ESGOTADO OU NÃO DISPONÍVEL
Venda o seu livro
O oso quería voar e o corvo quería ser forte como un oso. Como conseguilo? A solución parecía sinxela: só tiña que trocar as ás polos brazos e… a voar!… ou non?

A autora alemá, asentada en Barcelona, Monika Klose tráenos unha divertida historia sobre soños, lealdades e acordos incumpridos, cunha mensaxe clara: en cada un de nós hai cousas de valor, só cómpre mirar no noso interior, valorar as nosas capacidades e nunca deixar de soñar, porque quen sabe se un día…
O ilustrador portugués André da Loba deseñou unha orixinal proposta visual, na que emprega unha serie de esculturas de cartón. Os escenarios presentan fondos lisos e claros, poboados con personaxes de concepción cubista e gran forza expresiva, e todo en cores primarias. O seu traballo plástico alicérzase nunha investigación anterior durante a que o artista portugués estudou o movemento e o equilibro en figuras tridimensionais realizadas con material de refugallo.

O Oso E O Corvo

de André da Loba e Monika Klose

Propriedade Descrição
ISBN: 9788496788336
Editor: OQO Editora
Data de Lançamento: outubro de 2007
Idioma: Espanhol, Galego, Galego
Dimensões: 230 x 250 x 10 mm
Encadernação: Capa dura
Páginas: 48
Tipo de produto: Livro
Classificação Temática: Livros em Espanhol > Infantis e Juvenis > Livros Infantis de Ficção
Livros em Espanhol > Infantis e Juvenis > Livros de Atividades
EAN: 9788496788336