O Embigo de Xanecas Livro
de Ramón Aragüés e Francesca Chessa
Sobre
o LivroXanecas tiña catro anos, e coma todos os nenos a esa idade, era moi curioso. O que máis lle gustaba no mundo era explorar, e case cada día facía un descubrimento novo.
Precisamente dunha desas pequenas descubertas cotiás fala esta historia saída da imaxinación de Ramón Aragüés e que comeza un día á hora do baño.
Seu pai refregáballe as orellas, os xeonllos, os cóbados e os pés. Para apurar máis, Xanecas fregábase co xabón. De repente, afundíuselle o dedo. Que pasara? Que metera o dedo no embigo! Desta maneira o noso protagonista descubriu que tiña un burato na barriga, pero tan intrigado quedou que desde aquela sempre estaba a preguntar: Pero, por que teño embigo?
E é que Xanecas está a experimentar unha das etapas infantís máis divertidas: a das preguntas. Durante este período, os pequenos queren saber o porqué de todo o que os rodea, e coma neste caso, acoden a aqueles que teñen máis cerca: a papá, á irmá máis vella, ao avó, a mamá…
Cada un dos membros desta particular familia, aproveitándose da inocencia do pequeno, irá inventando unha trola acerca da orixe do embigo, ata que finalmente a nai lle desvele a verdadeira razón da súa existencia, e de paso un dos grandes misterios da vida.
Idioma: Galego