Diona Livro
de Juan Senis e Oscar Sabini
Sobre
o LivroTodos os días
Diona víñame buscar
ao saír da escola
e levábame a súa casa
que estaba enriba da miña
Pasabamos alí a tarde xuntos,
porque mamá traballaba ata as oito.
Ao principio,
a súa casa non me gustaba,
porque só había
unha mesa longa,
unha cadeira coxa,
unha cama dura
e un reloxo parado.
Pero, pouco a pouco,
empezouse a encher,
porque, cada día,
Diona chegaba con algo novo.
Co álbum Diona, OQO editora amplía a súa colección Qontextos e dá mostras, unha vez máis, do seu compromiso con temas sociais pouco habituais na literatura infantil. Neste caso, aborda un trastorno do comportamento, a síndrome de Dióxenes, que padece un 3% da poboación maior de 65 anos.
Esta alteración psiquiátrica afecta, polo xeral, a persoas de avanzada idade que viven soas. Caracterízase polo abandono persoal e social, así como polo illamento voluntario no propio fogar e a acumulación de grandes cantidades de obxectos, lixo e desperdicios domésticos. Un dos factores máis importantes no crecemento do número de casos, é o progresivo aumento de anciáns que viven sos.
Idioma: Galego