A Sesta dos Enormes Livro
de Natalie Pudalov e Pep Bruno
Sobre
o LivroOs Enormes foron pasar o día na praia. Saltaron as ondas, fixeron castelos de area, buscaron cunchas e xogaron co papaventos. Cando chegou a hora da comida, os cinco sentaron baixo o parasol e, nun abrir e cerrar de ollos, devoraron os bocadillos. Entón Papá dixo: —Agora imos durmir a sesta. Grande, Mediano e Pequeno deitáronse nas toallas. Pequeno queixouse: —Non podemos durmir se non nos contas un conto.
Os nenos sempre lacazanean á hora de durmir, sexan da familia dos Enormes, ou dos humanos. Ante estas situacións, un conto é o mellor aliado. Con todo, non a todos nos atrapa a mesma historia e cómpre personalizalas e adecuar o relato ao interese de cada un: Por que hai ondas no mar? Por que os peixes son de cores? Quen cura os animais do mar? ou Por que as nubes teñen formas? Pep Bruno ¿colaborador habitual de OQO editora (A cabra boba, Libro de contar, Pétala, A noite das mudanzas e A casa da miña avoa)¿ conta nesta cuádrupla adaptación coa brillante colaboración das ilustracións de Natalie Pudalov.
Idioma: Galego