A Princesa que Bocexaba a Todas Horas Livro
de Carmen Gil e Elena Odriozola
Sobre
o LivroA princesa non facía máis que bocexar e, como os bocexos son tan contaxiosos, todo o palacio andaba coa boca aberta: o rei, a raíña, os ministros…, mesmo o gato e o can do xardineiro bocexaban. O rei trataba de contentar a súa filla con todo o que tiña ao seu alcance, pero os seus esforzos eran en balde. Un día, mentres paseaba polos xardíns, o fillo dun criado de palacio achegouse á princesa e...
Un relato divertido, sinxelo e eficaz que, con acento poético, tira proveito da linguaxe e salienta o valor da amizade cunha mensaxe clara e directa para os lectores: … nin bólas de xeado, nin colchóns de pluma, nin elefantas amarelas alegran o corazón das princesas tanto como un bo amigo. Un conto para que os nenos aprendan a recoñecer os valores e a gozar plenamente da infancia. Porque nunha sociedade a miúdo ameazada polo consumo, cómpre que non esquezan a importancia das relacións humanas, do xogo tradicional e da experimentación como actividades indispensables para comprender o mundo e establecer lazos afectivos.
Idioma: Galego