adicionar à lista de desejos
O Gabinete Das Marabillas De Arxentino Da Rocha Alemparte
language: spanish, galician
Publisher:
Edicións Xerais, March of 2014 ‧
see product details
OUT OF STOCK OR NOT AVAILABLE
Sell your book
SYNOPSIS
Ernest Hemingway dixo do galego universal Arxentino da Rocha Alemparte (Xunqueira de Ambía, 1886-Camagüey, 1959) que «de non ser galego, só sería crible como personaxe literario». Xeneroso filántropo, como tantos outros indianos, o proxecto persoal para el máis querido foi o seu museo de Xunqueira de Ambía, coñecido informalmente como O Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte polas súas indiscutibles similitudes coas renacentistas coleccións de curiosidades -chamadas wunderkammers, gabinetes de curiosidades, cuartos de marabillasà-, xerme dos museos actuais. Destinado a instituírse como un espazo pedagóxico único e posiblemente irrepetible, estaba repleto de pezas singulares, obxectos fabulosos, espécimes exóticos, seres monstruososà, pero o soño viuse truncado polo estalido da Guerra Civil española de 1936-1939. Sen chegar a ter visita ningunha, o museo ficou pechado como un paquete de agasallo que nunca vai ser aberto. Só un reducido grupo de persoas tivo acceso dende entón aos seus intactos tesouros, respectados polas autoridades fascistas a causa da fonda relixiosidade das irmás de Arxentino e das súas xenerosas doazóns á diocese ourensá, que fixo o museo inmune a calquera intervención ou mesmo expropiación, mentres as súas salas se seguían nutrindo, ata a súa doce morte, dos incesantes envíos do xunqueirán. Grazas ao presente volume, produto de máis dunha década de erudita investigación por parte dos irmáns Pérez Pintos, o Gabinete das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte amósase agora en todo o seu esplendor aos nosos ollos atónitos, saldando a débeda da sociedade galega coa arela educadora do noso ilustre compatriota.
DETAILS
| Property | Description |
|---|---|
| ISBN: | 9788499146287 |
| Publisher: | Edicións Xerais |
| Release Date: | March of 2014 |
| Language: | Spanish, Galician |
| Dimensions: | 210 x 295 x 15 mm |
| Cover: | Softcover |
| Pages: | 384 |
| Format: | Book |
| Collection: | Obras De Referencia |
| Categories: |
Books in Spanish
>
Children’s and Young Adult
>
Children's Fiction Books
|
| EAN: | 9788499146287 |
BOOKS FROM THE SAME COLLECTION
-
10%Economía BásicaEdicións Xerais22,38€ 10% CARDfree shipping
-
10%Fendas AbertasEdicións Xerais21,35€ 10% CARDfree shipping