Gaspar, O Pastor De Lebres

by Lucie Müllerová e Paco Liván
language: spanish, galician, galician
Publisher: OQO Editora, April of 2007 ‧
OUT OF STOCK OR NOT AVAILABLE
Sell ​​your book
Gaspar, un labrego humilde e atrevido, quere conquistar unha princesa moi rabuda. Farta de que seu pai a queira casar, e de ter que aturar a lingoreteiros e interesados, a princesa ponlles unha condición aos seus pretendentes: guiar as súas cincuenta lebres deica o bosque e traelas de volta ao cabo de tres días.
No seu camiño, Gaspar axuda unha velliña, e a súa acción é recompensada cun obxecto máxico, de grande utilidade para pastorear lebres. Pero Gaspar non é un pretendente do gusto da familia real, e aínda terá que superar unha proba máis, antes de obter a súa aprobación. Á marxe das críticas implícitas ao comportamento dos nobres, e do interese literario do propio relato, neste conto resulta especialmente atractiva a figura do narrador: este personaxe, que forma parte da historia, nun momento determinado, deixa atrás o escenario imaxinario e, montado nunha bala de canón, ao xeito dun cronista, prosegue coa narración da historia en tempo real.
Esta divertido conto, inzado de momentos grotescos e de situacións cómicas, representa unha das xoias da tradición oral danesa. E en Noruega aínda hoxe, perdura unha versión similar, na que as lebres son propiedade do rei.

Polo que respecta ás ilustracións de Lucie Müllerová, a autora recrea divertidos personaxes, verosímiles e cunha psicoloxía convincente. Digno de nota, resulta o coidado co que a ilustradora trata de reflectir o xesto e os estados de ánimo de cada un deles, o que multiplica o poder suxestivo e emocional das imaxes.

Idioma: Galego

Gaspar, O Pastor De Lebres

by Lucie Müllerová e Paco Liván

Property Description
ISBN: 9788496788763
Publisher: OQO Editora
Release Date: April of 2007
Language: Spanish, Galician, Galego
Dimensions: 230 x 250 x 10 mm
Cover: Hardcover
Pages: 64
Format: Book
Categories: Books in Spanish > Children’s and Young Adult > Children's Fiction Books
Books in Spanish > Children’s and Young Adult > Activity Books
EAN: 9788496788763